Este mes cúmprense 30 anos da fundación da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña. Desde a súa creación en 1991, o seu traballo serviu para promover, crear, estimular e apoiar a actividade do museo, reforzando por tanto a súa xestión e facilitando a execución dos seus obxectivos a curto e longo prazo. Baixo esas premisas desenvolveu multitude de actividades e accións encamiñadas á difusión e ao fomento da institución e as súas coleccións, contando para iso coa inestimable colaboración dos seus socios, así como coas achegas tanto públicas como privadas que, en forma de subvencións, veu xestionando ao longo destes anos. Grazas a este labor, foron varios os proxectos culturais que promoveu, moitos dos cales hoxe en día forman parte da programación estable do museo.

Este mes se cumplen 30 años de la fundación de la Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña. Desde su creación en 1991, su trabajo ha servido para promover, crear, estimular y apoyar la actividad del museo, reforzando por tanto su gestión y facilitando la ejecución de sus objetivos a corto y largo plazo. Bajo esas premisas ha desarrollado multitud de actividades y acciones encaminadas a la difusión y al fomento de la institución y sus colecciones, contando para ello con la inestimable colaboración de sus socios, así como con las aportaciones tanto públicas como privadas que, en forma de subvenciones, ha venido gestionando a lo largo de estos años. Gracias a esta labor, han sido varios los proyectos culturales que ha promovido, muchos de los cuales hoy en día forman parte de la programación estable del museo.