A partir do próximo 23 de febreiro poderase visitar a exposición das obras resultantes dos obrdadoiros realizados no contexto da III Edición de Identidades, as artes para a inclusión social, actividade de carácter socio-cultural promovida pola Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes, en colaboración co Museo e co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña
Identidades é un proxecto socio-cultural do Museo de Belas Artes da Coruña e a Asociación de Amigos, que utiliza a arte como vía para reflexionar e afondar no tema da identidade, as raíces culturais e a identificación co entorno, e que está dirixido a colectivos en situación de vulnerabilidade por atoparse desprazados dos seus lugares de orixe, xa sexa por razóns políticas ou económicas, por ser vítimas de malos tratos e violencia de xénero, ou por verse en situación de dificultade ou illamento social.
A actividade consiste na realización dunha serie de obradoiros de diferentes técnicas, impartidos por artistas da cidade, nos que van traballar ao redor de tres xéneros artísticos: o autorretrato, tento individual como colectivo, a modo de exercicio de autorreflexión; a paisaxe, entendéndoa como o seu contorno vital, pasado ou presente, e o bodegón, conformado por obxectos cun significado emotivo ou simbólico para a persoa.
Na presente edición, participaron catro organizacións: Ecodesarrollo Gaia, Cruz Vermella, a través do seu programa Mulleres en situación de vulnerabilidade, Hogar de Santa Lucía e Fundación Juan Soñador. Os responsables dos talleres foron catro artistas coruñeses: Tatiana Medal e Ali Ali (colaxe) e Óscar Cabana e Luisa Valdés (debuxo).
Ante as circunstancias derivadas da pandemia, os obradoiros desenvolvéronse de xeito dixital que, atendendo á idiosincrasia e ás necesidades de cada grupo, nuns casos facíanse con axuda de vídeo conferencia e noutros cun vídeo titorial.
Co patrocinio de: