ARTE E … ACCIÓN! é unha programación de actividades artísticas que reinterpreta as obras da colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña desde unha mirada contemporánea e lúdica. Unha viaxe que parte desde as obras mitolóxicas dos autores barrocos ata as máis vangardistas e contemporáneas, buscando desenvolver o potencial creativo e a expresión corporal, fomentando a imaxinación e educando a percepción espacial; a través das artes escénicas, a pintura, a fotografía e a colaxe. Unha semana chea de diversión e creatividade.

IDADES DOS PARTICIPANTES 7-12 años (ambos inclusive)

HORARIO 10:00 /13:30 H A semana do 24 de xullo: de 10:00 a 14:00H

DURACIÓN De martes a venres do mes de xullo en diferentes turnos

Semana 3 -6 de xullo
Semana 10 -13 de xullo
Semana 17 -20 de xullo
Semana 24 -27 de xullo

COLABORA Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes

INSCIRCIÓNS 25,00 € (amigos museo 20,00 €) Prazas limitadas. Tel. 881 881 700 (de luns a venres, de 9 a 15 horas). Páxina web do museo. mu.belas.artes.difusion@xunta.es

OBXECTIVOS

– Coñecer distintos tipos de manifestacións artísticas

– Fomentar a imaxinación e a creatividade
– Incrementar o interese pola arte de distintas épocas e estilos, vinculando a arte do pasado coa arte do presente e co mundo que nos rodea
– Fomentar o coñecemento do outro e de nós mesmos a través da plástica

NECESIDADES DOS PARTICIPANTES

-Traer a merenda para tomar no descanso que se realizará todos os días a media mañá
– Notificar aos educadores se os cativos teñen algunha necesidade especial, así como alerxias á pintura, tecido ou calquera tipo de material que sexa susceptible de empregarse en actividades plásticas
-Recoméndase traer mandilón ou roupa vella
-Presentar ao longo das sesións que dura a actividade unha autorización para o uso das imaxes dos rapaces e rapazas, tanto para os propios proxectos que se desenvolverán durante os obradoiros como para o seu posible uso en redes sociais.