Con motivo da exposición Luis Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa Seoane, a Asociación de Amigos programou unha serie de obradoiros en familia que terán lugar no Museo, os sábados ata o próximo 28 de marzo

OBRADOIROS EN FAMILIA

LIBREANDO CON LUíS SEOANE

Datas: Sábados, 1, 8, 15, 29 de febreiro, e 14 de marzo

Horario: de 18:00h a 20:00h

Grupos familiares con nenos a partir de 6 anos

Con axuda  de diferentes técnicas (gráficas, pictóricas, de reciclaxe e outros recursos de estampaxe adaptadas a cada temática, o obradoiro introducirá aos participantes no mundo creativo e na evolución estilística e formal da figura de Luís Seoane. O resultado final será a realización dun libro de artista.

Prazas limitadas. Inscrición previa

LUÍS SEOANE. O creador na súa tinta

Contacontos ilustrado dedicado a Luís Seoane

Idea e dirección da actividade: “Polo correo do vento”

Datas: Sábados, 7 e 28 de marzo

Horario: de 18:30h a 19:30h

Público familiar a partir de los tres años

Cada sesión dividirase en tres bloques: en primeiro lugar, mentres se relata unha historia dedicada a Luís Seoane, realizarase unha ilustración mural vinculada ao texto. Comeza entón unha “rolda de prensa” na que os rapaces interaccionarán co conto e co debuxo. Para rematar, desenvolverase un obradoiro de ilustración, no que cada participante debuxará unha personaxe do conto, e despois dar cor ao mural inicial.

Acceso libre. Non precisa inscrición

Colabora: