A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha bolsa de colaboración no Departamento Didáctico do Museo de Belas Artes da Coruña, no marco dun convenio nominativo asinado co Concello da Coruña.

O obxectivo desta beca é o coñecemento e a posta en práctica dalgúns dos labores propios do Departamento Didáctico do museo, o que inclúe a realización de visitas guiadas a centros escolares e asociacións, a participación na elaboración dos materiais didácticos e os modelos de visitas axeitadas aos diferentes niveis educativos, así como a colaboración no desenvolvemento de obradoiros e outras actividades didácticas organizadas polo mesmo

 A actividade, que deberá levarse a cabo nas dependencias do museo, contará co asesoramento dos titores nomeados pola Asociación de Amigos, unha vez elixidos entre o persoal técnico do centro

A concesión da bolsa no suporá ningún tipo de relación xurídico-laboral ou profesional entre a Asociación de Amigos do Museo, o Museo de Belas Artes ou a Administración á que este pertence e o/a beneficiario/a da mesma, nin outorgará a este/a ningún dereito laboral ou profesional máis aló do alcance da bolsa.

Información:

Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes

C/ Zalaeta, 2 15002 A CORUÑA

Tel.: 881 881 700 / Fax: 881 881 702

https://amigosmuseobbaacoruna.com

amigosmbac@gmail.com

Requisitos:

– Ter obtido o título de grado en Historia, Historia da Arte, Belas Artes, Museoloxía ou Humanidades, despois de 2022 (incluído). A estes efectos entenderase como data de obtención do grado correspondente, a que conste no título académico ou resgardo acreditativo.

– Estar a disposición para o desfrute da bolsa en exclusividade, e non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración da mesma.

Valorarase:

– Expediente académico

– Cursos de xestión de Patrimonio, Museoloxía e Acción cultural de museos, organizados exclusivamente por organismos públicos, universidades ou asociacións profesionais de museos

– Presentación de comunicacións e/ou relatorios en congresos e cursos de Museoloxía

– Publicacións relacionadas con Museoloxía, Patrimonio e Historia da Arte

– Ter desfrutado doutras bolsas ou ter desenvolta algunha actividade no ámbito da educación e a acción cultural en museos

– Capacidade de relación, iniciativa e traballo en equipo.

Duración: 9 meses incluídos no intervalo de tempo transcurso entre o 1 de outubro de 2026 e o 23 xuño de 2027, e cunha dedicación de 20 horas semanais, distribuídas de martes a venres, en horario de mañá ou tarde, segundo o criterio establecido polos titores

Rematado o período da bolsa, a relación entre a Asociación de Amigos do Museo, o Museo de Belas Artes ou a Administración que o xestiona (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia) e o/a beneficiario/a da mesma quedará extinguida sen que se devengue un dereito laboral a favor deste/a. A relación entre as partes durante a beca é, en todo caso, non profesional e non laboral.

Dotación económica: nove pagos de 700,00 € netos (unha vez descontados os correspondentes impostos e cotizaciós á Seguridade Social, segundo o disposto no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condición de inclusión no réxime xeral da Seguridad Social das persoas que participen en programas de formación)

Documentación: Os interesados deberán presentar na sede da Asociación de Amigos (MUSEO DE BELAS ARTES C/ Zalaeta, 2 15002 A CORUÑA) ata o 18 de setembro de 2026 (incluído) a seguinte documentación:

– curriculum actualizado e fotocopia dos méritos alegados

– fotocopia do DNI

– declaración responsable de non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, ou, no caso de o ter, un compromiso expreso de renunciar a el con anterioridade ao momento no que se outorguen as bolsas

Selección: A selección levarase a cabo mediante comisión de avaliación integrada por persoal do Museo de Belas Artes e membros da Xunta Directiva da Asociación de Amigos. O resultado da mesma estará a disposición dos aspirantes na sede da asociación a partir do 24 de setembro de 2026

Obrigas do bolseiro:

– Manifestar por escrito a aceptación da bolsa no prazo de 5 días naturais a partir de data de concesión da mesma

– Compromiso de confidencialidade con respecto á información que sexa posta á disposición do bolseiro, ben sexa a través de documentos, informes ou similares, ben proveña do tratado en reunións de grupos de traballo

– Comunicar todas as alteracións que poidan xurdir co plan previsto

– Presentación dunha memoria ao remate da bolsa sobre o desenvolvemento do traballo

O incumprimento de calquera das cuestións reflectidas nas presentes bases significaría a perda ao dereito de participación nesta convocatoria ou, no seu caso, a anulación da adxudicación da bolsa. Neste caso, de terse aboado algunha cantidade ao bolseiro, a entidade poderá demandar o reintegro dos importes cobrados.

A participación nesta convocatoria implica a plena aceptación da totalidade das presentes bases

Co patrocinio de: