Ata o vindeiro 27 de setembro, poderáse visitar, no museo de Belas Artes da Coruña, a exposición dos traballos realizados no marco da X edición do proxecto Un Museo en Movemento, destinado a colectivos de diversidade funcional e/ou en risco de inclusión, e que está incluido no programa de Cultura Accesible e Inclusiva que promove a Fundación Emalcsa coa colaboración do Concello da Coruña, a Fundación María José Jove e Vegalsa-Eroski.

Este ano, os colectivos participantes foron:

Afaco, Apem (Chopos), Apem (Cee), Apem (Carballo), Hogar Sor Eusebia, Residencia La Milagrosa, Fundación Adcor, Acem,  Parkinson, Centro Ocupacional Pascual Veiga, Os Nosos Lares, Artefíos, Mayores (Portazgo), Mayores (Iñás), Residencia Emera (Oleiros), Dano Cerebral, Hogar Sta Lucia , CIS Carmela Arias Y Díaz De Rábago, Domusvi Matogrande , Centro De Día Saraiva, Grumico, Centro De Día Aurum, Domusvi (Vimianzo), Centro Menores Concepción Arenal, Domusvi La Ciudad.

Ao longo de catro meses tiveron a posibilidade de visitar o Museo de Belas Artes da Coruña e as súas coleccións, sen saír dos seus propios centros e locáis sociáis, grazas a realidade virtual, coa que fixeron as seguintes visitas: 

1.“DESCUBRIR O MUSEO”, un percorrido 360º, virtual, inmersivo e individual, que lles introduciu nos espazos internos do Museo, normalmente inaccesibles para o público (almacéns, laboratorio de restauración…), e no que poderán coñecer as actividades que habitualmente se realizan neles.

2. “EXPLORANDO A COLECCIÓN”, un percorrido 360º, virtual, inmersivo e tanto individual como grupal, polas salas de exposición permanente do Museo. Ao entrar a cada sala, recibiron unha breve introdución e despois poideron escoller as obras que máis lles interesaron e/o lles chamou a atención, das que recibiron unha información moi sinxela, activándoa coa súa propia man. Entre as obras, atoparo varias pezas en 3D que poderán “coller” virtualmente, o que fixo a experiencia algo moi sorprendente.

3. “A TORRE DE LA PARADA. UN ESPAZO PICTÓRICO PARA RUBÉNS”, un percorrido 360º, virtual e inmersivo pola reconstrución virtual da Torre de la Parada, un pavillón de caza da época do rei Felipe IV que albergaba unha das coleccións de pinturas máis importantes da súa época (século XVII), na que traballaron artistas da taia de Rubens ou Velázquez, e que foi destruído no século XIX. Esta reconstrución virtual permitiulles percorrer todas a súas salas para contemplar os magníficos cadros que o decoraban, especialmente as 62 obras do ciclo mitolóxico desdeñado por Rubens.

4.“DE CONVENTO A MUSEO”, un percorrido inmersivo pola reconstrución virtual do antigo Convento de las Capuchinas, desaparecido en 1985, en cuio lugar atópase hoxe o Museo de Belas Artes de A Coruña. Nesta primeira fase, poideron coñecer as celdas onde aloxábanse as monxas, situadas na planta superior do antigo convento, na que actualmente expóñense os gravados de Goya. A aplicación permitió contemplar os espazos do antiguo edificio desde el interior del edificio actual, así como la relación y superposición entre los mesmos.