Comeza unha nova edición do proxecto Identidades, unha experiencia educativa de inclusión a través das artes plásticas, na que se traballa sobre o tema da identidade, utilizando a arte como vía para reflexionar e afondar na identidade individual e colectiva, as raíces culturais, a identificación co entorno ou a autoestima, naqueles colectivos que se atopan desprazados por razóns políticas ou económicas, que sufriron malos tratos e violencia de xénero, ou que se viron empobrecidos por causa dunha situación de desemprego de longa duración. Todos eles teñen unha historia de superación que contar
O proxecto consiste na realización de tres obradoiros nos que se imparten tres técnicas diferentes e traballase sobre un tema común, obrigando así aos participantes a indagar na súa identidade persoal, social e cultural, de maneira que o feito artístico convértase nun vehículo para a reflexión sobre un mesmo e sobre a súa contorna, a transmisión de emocións, a comunicación e a comuñón de experiencias.
Nesta ocasión o tema elexido é o espazo identitario, entendendo como tal o espazo xeográfico, colectivo, doméstico, vital… O mapa físico e persoal que imos trazando ao longo dun tempo, dunhas experiencias e duns lugares concretos.
O MAPA E O ESPAZO
Do 11 de maio ao 20 de xuño de 2019
Organiza: Amigos do Museo de Belas Artes
Coordina: Museo de Belas Artes da Coruña
Artistas invitados:
Damián Ucieda, fotógrafo
Tatiana Medal, pintora
Oscar Cabana, pintor
ONGs colaboradoras:
Ecodesarrollo Gaia
CRUZ VERMELLA. Programa de muller en dificultade social
Patrocina: Deputación da Coruña e Amigos do Museo de Belas Artes