A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha bolsa para colaborar co programa didáctico e de difusión do Museo de Belas Artes da Coruña. O obxectivo desta beca é o coñecemento e a posta en práctica dalgúns dos labores propios do Departamento Didáctico do museo, o que inclúe a realización de visitas guiadas a centros escolares e asociacións, a participación na elaboración dos materiais didácticos e os modelos de visitas axeitadas aos diferentes niveis educativos, así como a colaboración no desenvolvemento de obradoiros e outras actividades didácticas organizadas polo mesmo.  A actividade, que deberá levarse a cabo nas dependencias do museo, contará co asesoramento dos titores nomeados pola Asociación de Amigos, unha vez elixidos entre o persoal técnico do centro

Información:

 Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes

 C/ Zalaeta, 2 15002 A CORUÑA

 Tel.: 881 881 700 / Fax: 881 881 702

 https://amigosmuseobbaacoruna.com

 amigosmbac@gmail.com

Requisitos:

– Ter obtida a licenciatura en Historia, Historia da Arte, Belas Artes, Museoloxía ou Humanidades, despois de 2015 (incluído). A estes efectos entenderase como data de obtención da licenciatura correspondente, a que conste no título académico ou resgardo acreditativo.

– Estar a disposición para o disfrute da bolsa en exclusividade, e non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración da mesma.

 Valorarase:

– Expediente académico

– Cursos de xestión de patrimonio, museoloxía e acción cultural de museos, organizados exclusivamente por organismos públicos, universidades ou asociacións profesionais de museos

– Presentación de comunicacións e/ou relatoiros en congresos e cursos de museoloxía

– Publicacións relacionadas con museoloxía, Patrimonio e Historia da Arte

– Ter disfrutado doutras bolsas ou ter desenvolta algunha actividade no ámbito da educación e a acción cultural en museos

– Capacidade de relación, iniciativa e traballo en equipo.

Duración: 9 meses incluídos no intervalo de tempo transcurso entre outubro de 2019 e xuño de 2020, e cunha dedicación de 20 horas semanais, distribuídas de martes a venres, en horario de mañá ou tarde, segundo o criterio establecido polos titores

Dotación económica:

O importe será de 5.760,00 brutos

Documentación:

Os interesados deberán presentar na sede da Asociación de Amigos (MUSEO DE BELAS ARTES C/ Zalaeta s/n 15002 A CORUÑA) ata o 16 de setembro de 2019  (incluido) a seguinte documentación:

– curriculum actualizado e fotocopia dos méritos alegados

– fotocopia do DNI

– declaración expresa de non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, ou, no caso de o ter, un compromiso expreso de renunciar a el con anterioridade ao momento no que se outorguen as bolsas

Selección:

A selección levarase a cabo mediante comisión de avaliación integrada por persoal do Museo de Belas Artes e membros da Xunta Directiva da Asociación de Amigos. O resultado da mesma estará a disposición dos aspirantes na sede da asociación a partir do 24 de setembro de 2019

Obrigas do bolseiro:

– Manifestar por escrito a aceptación da bolsa no prazo de 5 días naturáis a partir de data de concesión da mesma

– Compromiso de confidencialidade con respecto á información que sexa posta á disposición do bolseiro, ben sexa a través de documentos, informes ou similares, ben proveña do tratado en reunións de grupos de traballo

– Comunicar todas as alteracións que poidan xurdir co plan previsto

– Presentación dunha memoria ao remate da bolsa sobre o desenvolvemento do traballo

Colabora o Concello da Coruña