Ata o vindeiro 22 de xaneiro, porderase visitar a exposición dos traballos realizados no marco dos obradoiros que integraron o programa Identidades, as artes para a inclusión social, un proxecto de inclusión promovido pola Asociación de Amigos do Museo e co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña e o Concello da Coruña.
Rematados os talleres, as obras realizadas expoñeranse ao público nas instalacións do museo, desde o 20 decembro de 2022 a finais de xaneiro de 2023. A mostra reúne un centenar de traballos realizados por outros tantos participantes que traballaron cos seguintes artistas, temas e técnicas:
Identidade en pictogramas
Cruz Vermella. Programa Empezar de 0
Héctor Francesch. Colaxe en cartolina de cores
A paisaxe próxima
Hogar de Sor Eusebia
Óscar Cabana. Pastel e rotulador sobre papel
Fragmentos emocionais
Centro Ocupacional Pascual Veiga
Luisa Valdés. Monotipo
O espazo privado
Amigonianos
Lara Pintos. Acrílico sobre táboa entelada
Historias do cotián
Cruz Vermella. Programa Muller en risco
Bea Lema. Arpilleras
O autorretrato
Ecodesarrollo Gaia
Faura Balsa. Escultura en barro
Relatos visuais
Fundación Juan Soñador
Jano Ilustra. Estampa e mixtas sobre papel
O obxecto identitario
Hogar de Santa Lucía
Iria do Castelo. Técnicas mixtas, xeso.
A miña historia en imaxes
Cruz Vermella. Programa Migrantes
Manel Cráneo. Tinta chinesa e gouache sobre papel
Paisaxe e abstracción
ACCEM
Isabel Pintado. Pintura sobre seda