Ao longo destes tres meses vimos desenvolvendo unha nova edición do proxecto «Identidades, as artes para a inclusión social», actividade que conta co patrocinio da Deputación da Coruña e está destinada a colectivos en situación de vulnerabilidade por atoparse desprazados dos seus lugares de orixe (xa sexa por razóns políticas ou económicas), por ser vítimas de malos tratos ou violencia de xénero, ou por verse en situación de dificultade ou illamento social.

O seu obxectivo é facer unha reflexión e tomar conciencia sobre as raíces e da identidade propia en todas as súas variantes: cultural, xeográfica, emocional e persoal, tanto individual como colectiva,.

Foron varias semanas de intenso traballo cos seguintes temas, artistas e colectivos:

Debuxar a mirada: Lara Pintos. Acrílico sobre lenzo. Hogar Sor Eusebia.

O autorretrato: Tatiana Medal. Acrílico sobre táboa enteada. Cruz Roja Muller en dificultade social.

Obxectos e símbolos de identidade: Ali Ali. Collage. Técnica mixta sobre táboa enteada. CIS Carmela Arias y Díaz de Rábago.

Tiras de peregrinación: Luisa Valdés. Acuarela sobre papel. Accem.

A paisaxe do mar: Raúl Álvarez. Acrílico sobre táboa enteada. Cruz Roja migrantes.

As cores do noso océano: Manuel Suárez. Óleo en barra e acrílico sobre lenzo cru sen entear. Fundación Juan Soñador.

Pintar o Hip-Hop: Gosia Trebacz, Acrílico sobre camiseta.

Historias do cotián: Ángeles Huerta. Audiovisual. Amigonianos.

A viaxe do heroe: Iria do Castelo. Calcografía. Ecos do Sur.

As músicas tradicionais: Xurxo Fernándes. Música. Ecodesarrollo Gaia..

A casa-niño: Víctor Manuel Ares Ces. Porcelana. Asociación Pascual Veiga.  

Os símbolos identitarios: Susana Anta. Cerámica. Hogar de Santa Lucía.

A nosa historia en imaxes: Manel Cráneo. Tinta sobre papel. Fundación Érguete.

Como novidade, este ano incorporáronse novos  colectivos, como Ecos do Sur, así como novos artistas e disciplinas, como o cine, da man da cineasta Ángeles Huerta, a música con Xurxo Fernándes ou a cerámica, con Susana Anta e Víctor Ares.

Unha vez rematados os obradoiros, montaremos a exposición con todos os traballos realizados.