Exposición virtual dos traballos resultantes dos obradoiros realizados no marco da presente edición de Un Museo en Movemento, proxecto cultural destinado a colectivos de diversidade funcional e en risco de exclusión, que facemos en colaboración co Museo de Belas Artes da Coruña, e que está incluido no programa de Cultura Accesible e Inclusiva que patrocina a Fundación Emalcsa, o Concello da Coruña, a Fundación María José Jove e Vegalsa.
Grazas a unha reconstrución virtual do Gabinete do Coleccionista, unha obra da colección permanente do Museo de Belas Artes dá Coruña, realizado cara a 1630 por Fran Francken, os participantes da presente edición de Un Museo en Movemento, puideron trasladarse ata o século XVII, e penetrar nesta sala.
Unha vez dentro, o recurso multixogador permitiolles compartir espazo cunha educadora que lles falou sobre a orixe do coleccionismo e os museos, e lles explicou os distintos xéneros pictóricos representados na escena.
Finalizada a visita, os participantes realizaron un taller individual consistente en deseñar o seu propio gabinete de coleccionista. Para iso, proporcionóuselles o mesmo espazo virtual baleiro, para que puidesen decoralo cunha selección de obras situadas nun panel contiguo.
Esta exposición é o resultado de todos eses Gabinetes de coleccionista, realizados no marco da actividade.