Un ano máis, a Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha bolsa para colaborar co programa didáctico e de difusión do Museo de Belas Artes da Coruña. O obxectivo da mesma é o coñecemento e a posta en práctica dalgúns dos labores propios do Departamento Didáctico do museo, o que inclúe a realización de visitas guiadas a centros escolares e asociacións, a participación na elaboración dos materiais didácticos e os modelos de visitas axeitadas aos diferentes niveis educativos, así como a colaboración no desenvolvemento de obradoiros e outras actividades didácticas organizadas polo mesmo
Información:
Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes
C/ Zalaeta, 2 15002 A CORUÑA
Tel.: 881 881 700 / Fax: 881 881 702
https://amigosmuseobbaacoruna.com
amigosmbac@gmail.com
Lugar de desenvolvemento: Museo de Belas Artes da Coruña.
Duración: 9 meses incluídos no intervalo de tempo transcurso entre outubro de 2021 e xuño de 2022, e cunha dedicación de 20 horas semanais, distribuídas de martes a venres, en horario de mañá ou tarde, segundo o criterio establecido polos titores
Dotación económica: O importe será de 5.760,00 € brutos
Requisitos:
– Ter obtida a licenciatura en Historia, Historia da Arte, Belas Artes, Museoloxía ou Humanidades, despois de 2017 (incluído). A estes efectos entenderase como data de obtención da licenciatura correspondente, a que conste no título académico ou resgardo acreditativo.
– Estar a disposición para o desfrute da bolsa en exclusividade, e non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración da mesma.
Documentación: Os interesados deberán presentar na sede da Asociación de Amigos (MUSEO DE BELAS ARTES C/ Zalaeta s/n 15002 A CORUÑA) ata o 24 de setembro de 2021 (incluído) a seguinte documentación:
– curriculum actualizado e fotocopia dos méritos alegados
– fotocopia do DNI
– declaración expresa de non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, ou, no caso de o ter, un compromiso expreso de renunciar a el con anterioridade ao momento no que se outorguen as bolsas
Valorarase:
– Expediente académico
– Cursos de xestión de patrimonio, museoloxía e acción cultural de museos, organizados exclusivamente por organismos públicos, universidades ou asociacións profesionais de museos
– Presentación de comunicacións e/ou relatorios en congresos e cursos de museoloxía
– Publicacións relacionadas con museoloxía, Patrimonio e Historia da Arte
– Ter desfrutado doutras bolsas ou ter desenvolta algunha actividade no ámbito da educación e a acción cultural en museos
– Capacidade de relación, iniciativa e traballo en equipo.
Selección: A selección levarase a cabo mediante comisión de avaliación integrada por persoal do Museo de Belas Artes e membros da Xunta Directiva da Asociación de Amigos. O resultado da mesma estará a disposición dos aspirantes na sede da asociación a partir do 30 de setembro de 2021
Obrigas do bolseiro:
– Manifestar por escrito a aceptación da bolsa no prazo de 5 días naturais a partir de data de concesión da mesma
– Compromiso de confidencialidade con respecto á información que sexa posta á disposición do bolseiro, ben sexa a través de documentos, informes ou similares, ben proveña do tratado en reunións de grupos de traballo
– Comunicar todas as alteracións que poidan xurdir co plan previsto
– Presentación dunha memoria ao remate da bolsa sobre o desenvolvemento do traballo
A bolsa poderase renovar ata un máximo de un ano e contará co asesoramento dos titores nomeados pola Asociación de Amigos, unha vez elixidos entre o persoal técnico do centro. A súa concesión no suporá ningún tipo de relación xurídico-laboral ou profesional entre a Asociación de Amigos do Museo, o Museo de Belas Artes ou a Administración á que este pertence e o/a beneficiario/a da mesma, nin outorgará a este/a ningún dereito laboral ou profesional máis aló do alcance da bolsa.
Rematado o período da bolsa, a relación entre a Asociación de Amigos do Museo, o Museo de Belas Artes ou a Administración que o xestiona (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia) e o/a beneficiario/a da mesma quedará extinguida sen que se devengue un dereito laboral a favor deste/a. A relación entre as partes durante a beca é, en todo caso, non profesional e non laboral.
O incumprimento de calquera das cuestións reflectidas nas presentes bases significaría a perda ao dereito de participación nesta convocatoria ou, no seu caso, a anulación da adxudicación da bolsa. Neste caso, de terse aboado algunha cantidade ao bolseiro, a entidade poderá demandar o reintegro dos importes cobrados.
A participación nesta convocatoria implica a plena aceptación da totalidade das presentes bases
PATROCINA: