VISITAS GUIADAS NO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

Datas e horarios: Do 29 de abril ao 17 de xuño

Público en xeral: mércores e sábados, ás 18:30h (prégase confirmar asistencia)

Grupos: con reserva previa, de martes a venres, en horario de mañá ou tarde

Profesoras: Ana Ulloa Sande / Sonsoles Ortiz de Urbina

Info e inscrición: T. 881 881 700 / mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

Colabora Deputación da Coruña

Itinerarios guiados pola colección permanente do museo co obxectivo de entender que din as obras de arte a través dos obxectos que nelas se representan. Para iso tratarase de descifrar, dunha forma amena e sinxela, o amplo repertorio de símbolos, imaxes e códigos de representación nos que se inspiraron os artistas ao longo dos séculos.  Complementos, imaxes, obxectos, vestimentas, libros… serán a clave para desvelar os segredos que esconden as obras de arte.

Itinerarios guiados por la colección permanente del museo con el objetivo de entender que dicen las obras de arte a través de los objetos que en ellas se representan. Para eso se tratará de descifrar, de una forma amena y sencilla, el amplio repertorio de símbolos, imágenes y códigos de representación en los que se inspiraron los artistas a lo largo de los siglos. Complementos, imágenes, objetos, vestimentas, libros… serán la clave para desvelar los secretos que esconden las obras de artes.

CURSO OS TEMAS DA ARTE O SIGNIFICADO DOS OBXECTOS

Datas e horarios: Do 29 de abril ao 17 de xuño, de 12:00 a 13:00h

Profesoras: Ana Ulloa Sande / Sonsoles Ortiz de Urbina

Info e inscrición: T. 881 881 700 / mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

Colabora Deputación da Coruña

Ao longo do curso afondaremos na importancia do obxecto artístico como espello da realidade e dialogaremos cos obxectos que aparecen nas pinturas e esculturas facendo fincapé na súa iconografía, simboloxía e significados ocultos. Elementos que é importante coñecer para descifrar e entender a mensaxe que o artista quere comunicar tanto en obras de temática relixiosa, mitolóxica, costumista ou retratos. Moitas veces o obxecto será clave para identificar os distintos personaxes xa sexa deuses, santos ou figuras alegóricas. O obxecto pode ser tamén protagonista da pintura como no caso do bodegón ou da natureza morta, para constatar que tamén pode ser unha metáfora da realidade e un reflexo da sociedade na que se desenvolve.

O curso rematará coa visita á propia colección permanente do museo. A partir do cadro de Frans Franken II, O gabinete do coleccionista, aproximarémonos tamén ao tema do coleccionismo onde o obxecto volve ser o foco de atención.