Estes vídeos son o resultado de dous obradoiros realizados no marco do proxecto sociocultural Identidades, as artes para a inclusión social, organizado en colaboración con Museo de Belas Artes da Coruña e co patrocinio da Deputación Provincial.
Pintando o rap, é un vídeo reportaxe realizado pola artista multidisciplinar Gosia Trebacz que resume a experienza educativa levada a cabo no Centro Penitenciario de Teixeiro. Ao longo dos catro días nos que se desenvolveu o taller, os internos do centro deseñaron e pintaron camisetas para vestir e interpretar varios rap, cuias letras foron escritas tamén por eles mesmos a partir das súas experiencias e vivencias persoais.
O otro, e unha curtametraxe titulada A cicatriz, realizada e interpretada polas mulleres do colectivo Amigonianos, como resultado do obradoiro de cine impartido pola cineasta Ángeles Huertas. A través das súas imaxes, as mulleres participantes expuxeron, de forma sinxela e directa, a problemática da violencia de xénero.