Desde o 12 de agosto ao 14 de setembro de 2025 poderase visitar no Museo de Belas Artes da Coruña, a exposición dos traballos realizados no marco da actividade Un Museo en Movemento, proxecto educativo da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes destinado a colectivos de diversidade funcional e/ou en risco de exclusión, e incluído no programa Cultura Accesible e Inclusiva que promove a Fundación Emalcsa co patrocinio do Concello da Coruña, a Fundación María José Jove e Vegalsa.

Nesta edición, os participantes puideron escoller entre unha das tres visitas virtuais ofertadas:

 “Descubrir o museo”, que lles ensinou os espazos internos do museo e os traballos que se levan a cabo dentro deles.

 “Explorando a colección”, un percorrido polas salas da exposición permanente do museo.

“A Torre de la Parada, un espazo pictórico para Rubens”, unha sorprendente visita polo interior dun pavillón de caza encargado por Felipe IV e hoxe desaparecido.

Tras realizar as visitas, uns participantes decoraron pratos de cerámica, utilizando como modelo a cerámica de Sargadelos que se expoñe nunha das salas do museo, mentres que outros realizaron uns divertidos colaxes inspirados nos personaxes do ciclo mitolóxico ideado por P.P. Rubens para decorar a Torre de la Parada.

Entidades participantes na exposición:

HOGAR SANTA LUCÍA, ARTEFÍOS, ASOCIACIÓN CENTRO OCUPACIONAL PASCUAL VEIGA, CENTRO RESIDENCIAL 3ª IDADE FUNDACIÓN ADCOR, ASOCIACIÓN VECINAL OS NOSOS LARES-PALAVEA, CENTRO RESIDENCIAL E DE DÍA DE ARTEIXO, CENTRO RESIDENCIAL DISCAPACIDAD FUNDACIÓN ADCOR, DOMUSVI MATOGRANDE, DOMUSVI CORUÑA (OLEIROS), ASOCIACIÓN PARKINSON GALICIA-CORUÑA, ACEM, AFACO, APEM (CORUÑA), RESIDENCIA DE MAIORES PORTAZGO, APEM (CARBALLO), COMPLEXO XERONTOLÓXICO LA MILAGROSA, CIS CARMELA ARIAS Y DÍAZ DE RÁBAGO, C.R. CONCEPCIÓN ARENAL, RESIDENCIA “MI CASA” (FERROL)

Co patrocinio de: