IDENTIDADES, AS ARTES PARA A INCLUSIÓN SOCIAL é una experiencia sociocultural iniciada en 2018, e promovida pola Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña baixo a coordinación e supervisión do equipo técnico do museo, e subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña e a Área de Bienestar do Concello da Coruña

Destinado a colectivos en situación de vulnerabilidade por atoparse desprazados dos seus lugares de orixe (xa sexa por razóns políticas ou económicas), por ser vítimas de malos tratos ou violencia de xénero, ou por verse en situación de dificultade ou illamento social, o proxecto pretende facer unha reflexión e tomar conciencia das raíces e da identidade propia en todas as súas variantes: cultural, xeográfica, emocional e persoal, tanto individual como colectiva.

O medio para lograr ese obxectivo será a posta en marcha unha serie de obradoiros de artes plásticas impartidos por unha selección de artistas da cidade, nos que traballarán técnicas diferentes (debuxo, escultura, colaxe, gravado, pintura, etc) para representar, a través dos distintos xéneros artísticos, as distintas formas de asumir a identidade de cada un: xa sexa a través da súa imaxe e a do seu grupo (o autorretrato, tanto individual como colectivo), da súa contorna e do seu espazo (a paisaxe e os interiores) dos seu obxectos emotivos ou simbólicos (o bodegón), dos episodios do seu pasado e presente (o relato e a ilustración) e das emocións que todos estes elementos lles provocan (a abstracción e o uso expresivo dos trazos e as cores)

Cunha duración total de dez horas, cada obradoiro contará con:

Unha sesión teórica de carácter introdutorio: que comezará cunha breve presentación, consistente nunha introdución con apoio de material audiovisual e unhas sinxelas dinámicas de grupo, seguidas por unha visita guiada por unha selección de obras da colección permanente do museo, axeitadas ao que se vai traballar despois, e una visita ao taller do artista correspondente, que introducirá aos participantes na seu universo persoal e nos procedementos técnicos e artísticos que utiliza ao longo da súa actividade creadora.

Catro sesións prácticas: é dicir, os obradoiros propiamente ditos que se desenvolverán ao longo de catro xornadas de dúas horas cada unha. Rematados estes, farase unha posta en común na que todos os participantes poidan avaliar o seu propio traballo e valoralo en conxunto.

Unha exposición final dos traballos realizados: Rematados os talleres, farase unha selección de obras que serán expostas no mes de decembro no museo e algúns dos alumnos poderán participar na presentación ao público e aos medios de comunicación.

Tanto as datas como os horarios dos talleres serán confeccionados en colaboración cos responsables das diferentes entidades sociais, garantindo unha absoluta adecuación dos mesmos ás necesidades, á actividade e á idiosincrasia de cada colectivo.

Os dez obradoiros desenvolveranse de outubro a decembro de 2022, de martes a sábado, en horario de mañá e/ou tarde.

Rematados os talleres, montarase una exposición con todos os traballos realizados, que poderá visitarse de decembro de 2022 a xaneiro de 2023

OS ARTISTAS INVITADOS E A ACTIVIDADE DESENVOLVIDA POR CADA UN DELES NO MARCO DO PROXECTO 2022

– Héctor Francesch. Identidade en pictogramas. Colaxe en cartolina de cores / Cruz Vermella. Empezar de 0 Venres 23 e 30 de setembro, 14, 21 e 28 de outubro 16:00 a 18:00h

– Óscar Cabana, A paisaxe próxima. Pastel e rotulador sobre papel / Hogar Sor Eusebia Martes 27 de setembro, 4, 11, 18 e 25 de outubro 10:00 a 12:00h

– Luisa Valdés, Fragmentos emocionais. Monotipo / Centro Ocupacional Pascual Veiga Xoves 6, 13, 20 e 27 de outubro e 3 de novembro 11:00 a 13:00h

– Lara Pintos, O espazo privado. Acrílico sobre papel / Amigonianos Mércores 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro 11:00 a 13:00h

– Bea Lema, Historias do cotián. Arpilleras / Cruz Vermella. Muller en risco Sábados 29 de outubro, 5, 12, 19 e 26 de novembro 11:00 a 13:00h

 

– Faura Balsa, O autorretrato. Escultura en barro / Ecodesarrollo Gaia Martes 29 de novembro e 13 de decembro, e xoves 1 e 15 de decembro 10:30 a 13:00h

– Jano Ilustra, Relatos visuais. Estampa e mixtas sobre papel / Fundación Juan Soñador Venres 4, 11, 18 e 25 de novembro e 2 de decembro 16:00 a 18:00h

– Iria do Castelo, O obxecto identitario. Técnicas mixtas, pasta de papel / Hogar de Santa Lucía Mércores 19 e 26 de outubro, 2, 9 e 16 de novembro 17:00 a 18:30h

– Manel Cranio, A miña historia en imaxes. Cómic / Cruz Vermella. Migrantes Mércores 8 de novembro e venres 11, 18 e 25 de novembro e 2 de decembro 10:00 a 12:00h

– Isabel Pintado, Ou uso emocional da cor. Paisaxe e abstracción Pintura sobre seda / ACCEM Xoves, 13, 20 e 27 de outubro, 3 e 10 de novembro 17:30 a 19:30