Do 16 de xullo ao 15 de setembro de 2024 poderase visitar, no Museo de Belas Artes da Coruña, a exposición dos traballos realizados no marco da actividade Un Museo en Movemento, proxecto educativo da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes destinado a colectivos de diversidade funciaonal e/ou en risco de exclusión, e incluido no programa Cultura Accesible e Inclusiva que promove a Fundación Emalcsa.

Os participantes decoraron pratos de cerámica, despois de facer unha visita virtual á sala de cerámica de Sargadelos, da exposición permanente do museo.

Entidades participantes na exposición:

FUNDACIÓN HOGAR SANTA LUCÍA ARTEFÍOS
ASOCIACIÓN CENTRO OCUPACIONAL PASCUAL VEIGA
CENTRO RESIDENCIAL 3ª IDADE FUNDACIÓN ADCOR
ASOCIACIÓN VECINAL OS NOSOS LARES (PALAVEA)
CENTRO RESIDENCIAL E DE DÍA DE ARTEIXO
HOGAR SOR EUSEBIA
CENTRO RESIDENCIAL DISCAPACIDAD FUNDACIÓN ADCOR
DOMUSVI MATOGRANDE
DOMUSVI CORUÑA (OLEIROS)
ASOCIACIÓN PARKINSON GALICIA-CORUÑA
ACEM · ASOCIACIÓN CORUÑESA DE ESCLEROSIS MULTIPLE
AFACO