Organiza: Taller de Interpretación de Música Clásica Contemporánea do Conservatorio Superior de Música da Coruña
Colaboran: Museo de Belas Artes da Coruña e a Asociación de Amigos do Museo Sede: Salón de actos Horario: 20.00 h Entrada libre
Ciclo de concertos de música contemporánea, realizado en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes e desenvueltos a partires do traballo realizado polo Ensemble IXOR, agrupación formada por alumnos do Taller de Interpretación de Música Clásica Contemporánea do CSM de A Coruña. Cóntase na edición 2013 coa participación xunto ao Ensemble IXOR de Universo 2.13 SAX, Ensemble de Saxofóns do CSM de Salamanca e de Inflexion4, cuarteto da aula de saxofón do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
A presentación do ciclo correrá a cargo da pianista Anne Tooming coa interpretación das Sonatas e Interludios (1946-48) para piano preparado de John Cage (1912-92). Ademáis da presencia da música electrónica nos concertos do Ensemble IXOR e compositores da escena actual como Teresa Carrasco, Betsy Jolas, Yii Kah Hoe, Kaija Saariaho ou Valerio Sannicandro, estarán presentes clásicos da escena contemporánea como John Cage, Morton Feldman, Sofia Gubaldulina, Giacinto Scelsi e Karlheinz Stockhausen.
Os programas deseñados son unha mostra da conexión dos novos músicos coa música do noso tempo. Non é este un exercicio de achegamento ás estéticas ou linguaxes actuais: o ESPAZO IXOR está concibido para o disfrute da música de hoxe e para a reflexión sobre o pensamento que a sustenta.
FEBREIRO – Mércores 27
SESIÓN I
ANNE TOOMING
Piano
Sonatas e Interludios
John Cage
MARZO – Mércores 20 e Xoves 21
SESIÓNS II – III
ENSEMBLE IXOR
Aula de música contemporánea do Conservatorio Superior de A Coruña
Obras de J. Cage, T. Carrasco, B. Jolas, P. Jodlowski, Y. Kah, E. Rolin, K. Saariaho, V. Sannicandro, G. Scelsi e K. Stockhausen
ABRIL – Martes 23
SAX-XPERIENCE’13
UNIVERSO 2.13 SAX
Ensemble de saxofóns do Conservatorio Superior de Salamanca
Director: Andrés Gomis
Obras de T. Alla, D. Schostakovish, T. Escaich, A. Dvorak e F. Guerrero
ABRIL – Xoves 25
INFLEXION4
Aula de música contemporánea do Conservatorio Superior de Vigo
Obras de C. Camarero, L. Berio, G. Aperghis, H. Pousser
MAIO – Mércores 22 e Xoves 23
SESIÓNS IV – V
ENSEMBLE IXOR
Aula de música contemporánea do Conservatorio Superior de A Coruña
Obras de T. Carrasco, M. Fournier, N. Huber, C. Gabriele, A. Ito, S. Gubaidulina, S. Reich, G. Scelsi e K. Stockhausen