Desde o Museo de Belas Artes da Coruña e a súa a Asociación de Amigos queremos seguir ofrecéndolles a nosa actividade Un Museo en Movemento, proxecto educativo dirixido a colectivos de diversidade funcional e/ou en risco de exclusión, incluído no programa Cultura Accesible e Inclusiva que lidera a Fundación Emalcsa.

En relación con iso, ofrecémoslles cuatro experiencias inmersivas e interactivas con axuda da realidade virtual, modelados en 3D, percorridos de 360º e unha lentes VR Standalone Oculus Quest:

1.“DESCUBRIR O MUSEO”, un percorrido 360º, virtual, inmersivo e individual, que lles introducirá nos espazos internos do Museo, normalmente inaccesibles para o público (almacéns, laboratorio de restauración…), e no que poderán coñecer as actividades que habitualmente se realizan neles.

Unha vez rematada a “visita”, entregarase aos participantes un caderno didáctico no que se inclúen diversos xogos e actividades. Esta actividade farase de forma libre e individual.

2. “EXPLORANDO A COLECCIÓN”, consiste nun percorrido 360º, virtual, inmersivo e tanto individual como grupal, polas salas de exposición permanente do Museo. Para iso, ofreceranse seis salas polas que os participantes poderán moverse. Ao entrar a cada sala, recibirán unha breve introdución e despois poderán escoller as obras que máis lles interesen e/o lles chamen a atención, das que recibirán unha información moi sinxela, activándoa coa súa propia man. Entre as obras, atoparán varias pezas en 3D que poderán “coller” virtualmente, o que fará a experiencia algo moi sorprendente. Este percorrido en modo individual non precisará de wifi, aínda que o formato grupal sí o necesita. 

O taller posterior consistirá na decoración un prato de cerámica, xa que unha das salas que se percorren na visita é a de cerámica de Sargadelos. Esta actividade farase nunha segunda xornada, en formato grupal, e coa axuda dunha monitora.

3. A TORRE DE LA PARADA. UN ESPAZO PICTÓRICO PARA RUBÉNS”, consiste nun percorrido 360º, virtual e inmersivo pola reconstrución virtual da Torre de la Parada, un pavillón de caza da época do rei Felipe IV que albergaba unha das coleccións de pinturas máis importantes da súa época (século XVII), na que traballaron artistas da taia de Rubens ou Velázquez, e que foi destruído no século XIX. Esta reconstrución virtual permitirá percorrer todas a súas salas para contemplar os magníficos cadros que o decoraban, especialmente as 62 obras do ciclo mitolóxico desdeñado por Rubens. A experiencia poderase facer tanto de forma individual como grupal e en ningún dos caso precisará wifi

Para o formato grupal, que contará coas explicación da educadora, poderase escoller entre dúas visitas:

– Variante 1: «Deusas e mitos femininos na obra de Rubens». Un percorrido polo mitolóxico deseñado por Rubens, poñendo o foco nas historias e figuras femininas.

– Variante 2: «Un día na corte do Rei a través da obra de Velázquez». Unha xornada no pvilión de caza xunto ao Rei, a súa familia e bufóns, así como as esceas de caza representadas por Velázquez.

O taller posterior consistirá na realización dun colaxe sobre o tema da mitoloxía ou sobre o retrato, segundo a variante escollida na visita virtual. Esta actividade farase nunha segunda xornada, en formato grupal, e coa axuda dunha monitora.

4. DE CONVENTO A MUSEO” (Fase 1) (Operativa a partir do 15 de xuño) Para este novo proxecto de Un Museo en Movemento, está prevista a reconstrución virtual do antigo Convento de las Capuchinas, desaparecido en 1985, e en cuio lugar atópase hoxe o Museo de Belas Artes de A Coruña. Nesta primeira fase, poderemos facer un percorrido virtual polas celdas onde aloxábanse as monxas, situadas na planta superior do antigo convento, na que actualmente expóñense os gravados de Goya. A aplicación permitirá contemplar os espazos do antiguo edificio desde el interior del edificio actual, así como la relación y superposición entre los mesmos.

O taller posterior consistirá na realización dun obradoiro de arquitectura no que traballaremos co volume para facer o noso propio museo a partir de bloques feitos con materiais reciclados. Esta actividade farase nunha segunda xornada, en formato grupal, e coa axuda dunha monitora.

Infraestrutura e medios necesarios: A actividade é totalmente gratuíta, e todos os equipos e o instrumental, así como os materiais necesarios para o desenvolvemento do taller serán aportados desde a organización, necesitando unicamente unha sala con cadeiras e mesas nos casos en que se realice taller.

Metodoloxía: A actividade desenvolverase ao longo de dúas xornadas (salvo a visita “Descubrir o museo”):

  • Primeira xornada: realización do itinerario virtual seleccionado
  • Segunda xornada: obradoiro sinxelo relacionado cos contidos expostos na visita virtual, que reforzará a explicación á vez que fomentará o exercicio das súas aptitudes creativas.

Grupos: Poderán participar todas as persoas que lo desexen, en grupos de cinco a dez persoas, segundo o tipo de visita. Para atender a demanda existente, habería que facer quendas.

Datas: A actividade desenvolverase entre o 13 de abril e o 17 de xullo de 2026, Mañás: de martes a venres e tardes: luns a venres (excepto xoves)

Lugar de realización: Instalacións/local social da entidade solicitante

 Duración das experiencias:

– Experiencia 1: “Descubrir o museo”: 20 min de visita virtual + caderno de actividades (como xa indicamos, esta parte do taller é individual, polo que poderase realizar no lugar e tempo desexados)

– Experiencia 2: “Explorando a colección”: 20 min de visita virtual + 1 hora de taller de cerámica.

– Experiencia 3 (nas dúas versións):  Individual: “A Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens” e grupal: «Deusas e mitos femininos na obra de Rubens» e «Un día na corte do Rei a través da obra de Velázquez». 20 min de visita virtual + 1 hora de taller de colaxe.

– Experiencia 4: “De convento a museo” 20 min de visita virtual + 1 hora de taller de volume.

             Se estiveran interesados en participar en calquera das tres actividades, poden solicitalo a través do formulario adxunto, no teléfono 881 881 700 ou no e-mail: amigosmbac@gmail.com, e indicar os días e as horas que desexarían (una única xornada para a experiencia 1, e dúas para as 2, 3 e 4). Para recibir máis información, poden contactar co mesmo teléfono e/o dirección de correo indicados.