BOLSA DE COLABORACIÓN NO DEPARTAMENTO DIDÁCTICO DO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha bolsa para colaborar co programa didáctico e de difusión do Museo de Belas Artes da Coruña.

O obxectivo desta beca é o coñecemento e a posta en práctica dalgúns dos labores propios do Departamento Didáctico do museo, o que inclúe a realización de visitas guiadas a centros escolares e asociacións, a participación na elaboración dos materiais didácticos e os modelos de visitas axeitadas aos diferentes niveis educativos, así como a colaboración no desenvolvemento de obradoiros e outras actividades didácticas organizadas polo mesmo
A actividade, que deberá levarse a cabo nas dependencias do museo, contará co asesoramento dos titores nomeados pola Asociación de Amigos, unha vez elixidos entre o persoal técnico do centro
A bolsa poderase renovar ata un máximo de dous anos.
A concesión da bolsa no suporá ningún tipo de relación xurídico-laboral ou profesional entre a Asociación de Amigos do Museo, o Museo de Belas Artes ou a Administración á que este pertence e o/a beneficiario/a da mesma, nin outorgará a este/a ningún dereito laboral ou profesional máis aló do alcance da bolsa.

Información:
Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes
C/ Zalaeta s/n 15002 A CORUÑA
Tel.: 881 881 700 / Fax: 881 881 702
https://amigosmuseobbaacoruna.com
amigosmbac@gmail.com

Requisitos:
– Ter obtida a licenciatura en Historia, Historia da Arte, Belas Artes, Museoloxía ou Humanidades, despois de 2012 (incluído). A estes efectos entenderase como data de obtención da licenciatura correspondente, a que conste no título académico ou resgardo acreditativo.
– Estar a disposición para o disfrute da bolsa en exclusividade, e non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración da mesma.

Valorarase:
– Expediente académico
– Cursos de xestión de patrimonio, museoloxía e acción cultural de museos, organizados exclusivamente por organismos públicos, universidades ou asociacións profesionais de museos
– Presentación de comunicacións en congresos e cursos de museoloxía
– Publicacións relacionadas con museoloxía, o Patrimonio e a Historia da Arte
– Ter disfrutado doutras bolsas ou ter desenvolta algunha actividade no ámbito da educación e a acción cultural en museos
– Capacidade de relación, iniciativa e traballo en equipo.

Duración: 9 meses incluídos no intervalo de tempo transcurso entre outubro de 2016 e xuño de 2017, e cunha dedicación de 20 horas semanais, distribuídas de martes a venres, en horario de mañá ou tarde, segundo o criterio establecido polos titores

Rematado o período da bolsa, a relación entre a Asociación de Amigos do Museo, o Museo de Belas Artes ou a Administración que o xestiona (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia) e o/a beneficiario/a da mesma quedará extinguida sen que se devengue un dereito laboral a favor deste/a. A relación entre as partes durante a beca é, en todo caso, non profesional e non laboral.

Dotación económica: O importe será de 4.500,00 € brutos a pagar en nove entregas de 500,00 €. Así mesmo, a Asociación de Amigos formalizará un seguro de responsabilidade civil a nome do bolseiro

Documentación: Os interesados deberán presentar na sede da Asociación de Amigos (MUSEO DE BELAS ARTES C/ Zalaeta s/n 15002 A CORUÑA) ata o 20 de setembro de 2016  (incluido) a seguinte documentación:
– curriculum actualizado e fotocopia dos méritos alegados
– fotocopia do DNI
– declaración expresa de non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, ou, no caso de o ter, un compromiso expreso de renunciar a el con anterioridade ao momento no que se outorguen as bolsas

Selección: A selección levarase a cabo mediante comisión de avaliación integrada por persoal do Museo de Belas Artes e membros da Xunta Directiva da Asociación de Amigos. O resultado da mesma estará a disposición dos aspirantes na sede da asociación a partir do 27 de setembro de 2016

Obrigas do bolseiro:
– Manifestar por escrito a aceptación da bolsa no prazo de 10 días a partir de data de concesión da mesma
– Compromiso de confidencialidade con respecto á información que sexa posta á disposición do bolseiro, ben sexa a través de documentos, informes ou similares, ben proveña do tratado en reunións de grupos de traballo
– Comunicar todas as alteracións que poidan xurdir co plan previsto
– Presentación dunha memoria ao remate da bolsa sobre o desenvolvemento do traballo

O incumprimento de calquera das cuestións reflectidas nas presentes bases significaría a perda ao dereito de participación nesta convocatoria ou, no seu caso, a anulación da adxudicación da bolsa. Neste caso, de terse aboado algunha cantidade ao bolseiro, a entidade poderá demandar o reintegro dos importes cobrados.

A participación nesta convocatoria implica a plena aceptación da totalidade das presentes bases